INTERIORISMO

Espazos para vivir mellor

En Alicia Decor creamos espazos que reflicten a personalidade de quen os habita. Cada proxecto nace da escoita, da experiencia e do coidado polos detalles. Traballamos para transformar vivendas e espazos comerciais en lugares funcionais, equilibrados e con identidade propia.

QUE FACEMOS

Servizos

whatsapp image 2024 07 15 at 17.10.30 (1)

01 Interiorismo e desenvolvemento de proxectos

Deseño de espazos funcionais, armoniosos e personalizados.

→

cocina rústica con desayuno cálido

02 · Mobiliario e iluminación

Selección de pezas que aportan estilo e carácter.

→

whatsapp image 2024 07 15 at 17.12.05 (1)

03 · Cortinas e interiorismo textil

Textiles que visten os espazos e crean ambientes únicos.

→

whatsapp image 2024 07 15 at 17.10.30 (1)

04 · Descanso e confort

Solucións para un descanso de calidade.

→

whatsapp image 2024 07 15 at 17.12.05 (1)

05 · Acabados, instalación e estilismo

Coidamos cada detalle para un resultado impecable.

→

PROXECTOS

Interiores con personalidade

A nosa experiencia de máis de 20 anos no sector, xunto coa formación continua e o coñecemento do mercado, permítenos desenvolver proxectos adaptados ás necesidades de cada cliente. Cada espazo é único. Por iso estudamos cada proxecto de forma personalizada, buscando un equilibrio entre estética, funcionalidade e investimento.

cesta de flores junto a la chimenea

Cóntanos
o teu proxecto

Un proxecto completo, unha estancia que queres renovar, unhas cortinas á medida ou unha mellor solución de descanso.

Podes contratar cada servizo de forma independente, sempre co noso asesoramento e atención persoal.